Que son as cookies
As cookies son pequenos arquivos que algunhas webs gardan no teu navegador para lembrarte, medir as visitas ou amosarche publicidade.
As cookies desta web
Esta web non utiliza cookies propias, nin ferramentas de estatística nin de publicidade.
Os vídeos que ves nesta web están no noso propio servidor: non se carga ningún reprodutor de terceiros.
Cookie técnica ao ver unha obra
Só se introduces a contrasinal dunha obra para vela nesta web, gardamos unha cookie técnica (pin_ver_ e o nome da obra) que lembra que tes acceso a esa obra, para que non teñas que volver poñer a contrasinal. Dura un máximo de 400 días desde a túa última visita e bórrase se pulsas «Pechar o acceso». Non serve para seguirte nin se comparte con ninguén. Como é imprescindible para darche o servizo que pides, non require o teu consentimento (artigo 22.2 da LSSI).
Do mesmo xeito, se es cliente e abres un vídeo do Drive coa súa contrasinal, gardamos a cookie técnica pin_drive_ e o nome do vídeo, que lembra que tes acceso a ese vídeo, coa mesma duración e as mesmas condicións.
O que si garda o teu navegador
Para que a web funcione como esperas, o teu navegador garda dúas preferencias no seu almacenamento local:
- pin-lang: o idioma que elixes (galego, castelán ou inglés), para amosarche a web nese idioma a próxima vez.
- pin-aviso: que xa liches o aviso sobre cookies, para non volver amosárcho.
Estes datos quédanse no teu dispositivo, non se envían a ninguén e non serven para identificarte. Como son necesarios para darche o servizo que pides, non requiren o teu consentimento (artigo 22.2 da LSSI).
Ligazóns a outras webs
Se segues unha ligazón a outra web, como Instagram, Vimeo, YouTube ou a nosa canle de VHX, alí aplícase a política de cookies desa web.
Como borralas
Podes borrar estas preferencias cando queiras desde a configuración do teu navegador, no apartado de privacidade ou de datos de sitios web.
Cambios
Se no futuro a web comeza a usar cookies, actualizaremos esta política e pedirémosche permiso antes de instalalas.
Última actualización: outubro de 2026.