Máis de 25 anos facendo do audiovisual a miña forma de vida daranche a tranquilidade e o mellor resultado para o teu vídeo.
- Técnico de son no CEV (Madrid).
- Dirección e Realización de Cine, Vídeo e Televisión en FUNIBER (Barcelona).
- Son: 1 ano en Los directos de Radio 3 (Madrid).
- Vídeo: 3 anos en CTV para a TVG e 15 anos como xefe técnico en Televinte Chantada.
Dende o 2014 son freelance audiovisual. Creei a marca Pinancho Audiovisuais en honor ao meu pai, que de neno me chamaba «pinancho», e con ela realizo videoclips, curtametraxes de ficción e documentais propios.
A seriedade e a realización de máis de 300 proxectos avalan unha traxectoria na que os clientes acaban sendo amigos. Iso é o que mellor resume unha carreira profesional na que sigo aprendendo día a día con cada proxecto: cada vez que collo a cámara teño por diante un novo reto, unha nova ilusión…
A miña outra paixón, viticultor en:
Antonio do Nicho